|
Paxareira do parque de San Diego - A Coruña |
|

Un ámbito para gozar das aves nun ámbito urbano que precisaba de espazos verdes.
O parque de San Diego é un dos máis recentes da cidade da Coruña. Esténdese entre o denso barrio dos Castros e as instalacións industriais do porto da Coruña. O ano 2000 o Concello desta cidade e a empresa Dragados y Construcciones, S.A. encárgannos o proxecto técnico para crear aquí unha paxareira de grandes dimensións destinada a albergar diferentes especies de aves. En 2001 remata a obra, e encárgasenos a súa xestión e mantemento. Desde entón este recanto é un dos máis visitados polos veciños do contorno, sobre todo as familias con nenos. |