InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Xestión de instalacións zoolóxicas Lagoa naturalizada de Eirís - A Coruña
Lagoa naturalizada de Eirís - A Coruña

Lagoa naturalizada de Eirís - A Coruña

A orixe artificial do que se converteu no mellor fogar para moitas aves acuáticas salvaxes.

O Concello da Coruña confiounos en 2002 a redacción do proxecto técnico para a creación dun estanque naturalizado no parque de Eirís. O seu fin era converter un amplo espazo de 1.420 m2 nunha lagoa capaz de atraer abundante fauna silvestre, co fin de brindarlle á cidadanía un novo ámbito para gozar da biodiversidade. Un ano despois o estanque era xa unha realidade, e encargábasenos a súa xestión e mantemento. No inverno chega a albergar máis de 100 patos salvaxes. Son centos os veciños de todas as idades que cada día se achegan ata a lagoa para observar tanto os patos como as garzas e as outras aves que converteron este lugar no seu fogar. En paralelo, o espazo aprovéitase como escenario para realizar algunhas das actividades do programa de educación ambiental do Concello da Coruña.