|
Instalación de caixas-niño nos parques e xardíns de A Coruña |
|
 A Área de Infraestruturas do Concello de A Coruña encargounos a instalación de 150 caixas-niño en oito parques e xardíns da cidade.
Ferreiriños negros, azuis e reais son as aves que con maior probabilidade farán uso destas caixas-niño. Protexidas pola lei, estas tres especies son moi frecuentes no ámbito desta cidade, pero non tanto nas zonas axardinadas, onde carecen de ocos naturais nos que instalar o seu niño. Os niños están deseñados de tal forma que, debido á estreiteza dos orificios de entrada, non poidan ser utilizados por estorniños ou pombas. Cada unha destas caixas serán controladas periodicamente por un equipo de biólogos co fin de coñecer cantas delas cumpriron a súa función, é dicir, foron utilizadas polas aves. Unha vez rematada a tempada de cría, serán limpadas co fin de deixalas en perfecto estado para a seguinte tempada. |