|
Seguimento das poboacións de aves do Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán |
|

Un intenso labor que permitiu descubrir que este espazo é aínda máis importante para as aves do que xa se supoñía.
O noso labor neste parque natural, por encarga da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de la Xunta de Galicia, consiste na realización de censos semanais das súas en torno a 190 especies de aves reprodutoras, migradoras e invernantes. Froito deste traballo foi o descubrimento da cría aquí da poliña pinta, da tartaraña das xunqueiras ou da garza vermella. Esta última non fora citada nunca antes como reprodutora en Galicia. Ademais, desenvolvemos un intenso programa de anelamento científico de aves silvestres, no que se marcan preto de 1.700 exemplares cada ano, con obxecto por exemplo de coñecer os seus movementos migratorios. |