|
Seguimento do paso de aves mariñas fronte a Estaca de Bares |
|

O estudo dun dos espectáculos da natureza máis impresionantes de Galicia: a migración das aves mariñas.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de la Xunta de Galicia encárganos a realización de censos decenais do paso de aves mariñas fronte ao cabo de Estaca de Bares (Mañón, A Coruña), un dos máis importantes do Atlántico oriental para estudar as migracións destes animais. Este labor complétase cun intenso traballo voluntario. Ao longo de 2008 contamos aquí máis de 280.000 exemplares de decenas de especies. As cifras obtidas para algunhas delas equivalen a unha porcentaxe moi elevada da súa poboación global, o que dá idea da importancia ornitolóxica da plataforma continental galega como corredor migratorio ornitolóxico. Neste enlace pódeste descargar o primeiro boletín da Estación Ornitolóxica de Estaca de Bares, editado pola Dirección Xeral de Conservación de la Consellería de Medio e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e Terranova Interpretación y Gestión Ambiental S.L. 
|