|
Sinalización turística da Serra do Courel e contorno |
|

Máis de 150 paneis, quioscos e sinais ao longo de multitude de rutas por unha das serras máis fermosas de Galicia.
A serra do Courel é un dos conxuntos paisaxísticos e etnográficos de maior interese da montaña galega, e un dos destinos turísticos con maior potencial do interior desta comunidade. Son multitude os elementos creados aquí pola natureza ou o home que precisaban dunha aproximación interpretativa para ser apreciados polos visitantes en toda a súa magnitude: ferrarías, batáns, bosques, ríos, cumios, unha arquitectura moi ben conservada... Esta completa sinalización foi unha encarga da Asociación Comarcal Río Lor, integrada polos concellos lugueses de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Samos, Bóveda e O Incio. Financiada con fondos do Plan Leader da Unión Europea, consistiu no deseño e instalación de máis de 150 sinais. Entre eles, paneis e mesas interpretativos, sinais e marcos de ruta, quioscos informativos nos centros dos núcleos urbanos, etc. |