InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Sinalización Sinalización do Paseo Fluvial e Marítimo de Cereixo
Sinalización do Paseo Fluvial e Marítimo de Cereixo

Sinalización do Paseo Fluvial e Marítimo de Cereixo

A revelación de como a natureza, o urbanismo e a historia se poden conxugar para crear un espazo case único.

O Concello de Vimianzo, a través dos fondos da Fundación Arao, encargounos a sinalización interpretativa dun dos conxuntos arquitectónicos máis singulares da Costa da Morte: o núcleo de Cereixo, en Ponte do Porto. Concéntranse aquí, nun espazo relativamente pequeno ás beiras da ría de Camariñas, diferentes edificios de pedra que inclúen desde un impoñente pazo ou unha capela románica a un muíño de marea. A nosa función foi crear diferentes paneis e mesas interpretativas que conxugasen información acerca dos valores naturais, arquitectónicos e paisaxísticos deste lugar, xerando así para os visitantes unha percepción integral da calidade ambiental deste espazo.