InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Sinalización Sinalización do Monumento Natural e LIC Costa de Dexo
Sinalización do Monumento Natural e LIC Costa de Dexo

Sinalización do Monumento Natural e LIC Costa de Dexo

Paneis que saen ao paso para descubrirlles aos visitantes a flora e a fauna de todo un monumento natural.

A Costa de Dexo, no coruñés concello de Oleiros, é un amplo espazo litoral caracterizado pola presenza de illas, illotes e altos acantilados, fogar dunha variada e interesante avifauna mariña: corvos mariños, gaivotas, paíños... Foi declarada Monumento Natural pola Xunta de Galicia e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) pola Unión Europea. Por encarga de TRAGSA deseñamos e instalamos para o Ministerio de Medio Ambiente e o Concello de Oleiros unha serie de paneis cuxo fin é interpretar os valores naturais deste conxunto. Os paneis sitúanse ao longo dunha ruta que discorre polos lugares máis interesantes desta costa.