|
Sinalización do paseo marítimo da Coruña |
|

Mensaxes da natureza e da historia xunto ao mar.
O da Coruña é un dos paseos marítimos de maior lonxitude de España. Percorre preto de 15 quilómetros de variada costa que inclúen amplos areais como as praias de Riazor e Orzán, espazos tan singulares como o contorno da Torre de Hércules e multitude de recantos cargados de historia local e natural. O concello da cidade precisaba dunha sinalización que dese a coñecer estes valores. Deseñamos e instalamos máis de 30 sinais que incluían, ademais, consellos para gozar da praia no verán de forma respectuosa co medio e información acerca da Bandeira Azul. |