InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Responsabilidad Social Corporativa

A Unión Europea define a responsabilidade social corporativa (RSC) como “un concepto polo que as empresas integran voluntariamente a preocupación por temas sociais e ambientais nas súas operacións empresariais e nas súas interaccións con terceiros”.

A miúdo o noso traballo é servir de apoio ás accións de RSC dos nosos clientes. Por suposto, e como non podía ser menos, tamén temos a nosa propia RSC. A nosa política de calidade e medio ambiente, avalada polas certificacións UNE-EN-ISO 14001:2004 e UNE-EN-ISO 9001:2000, declara expresamente como este compromiso se estende a todos os nosos procesos de traballo. De forma moi resumida:

  • En termos de uso de materias primas, mantemos unha aposta constante pola redución do consumo directo e indirecto de auga e enerxía.
  • En canto a emisións, consideramos prioritario o control da emisión de gases de efecto invernadoiro nos nosos vehículos e oficinas.
  • No que se refire a verteduras e residuos, o control da súa xestión é tamén parte integrante de calquera traballo.
  • A nosa política laboral fundaméntase na conciliación, a saúde e hixiene no traballo, e a formación.

Nas empresas das nosas características estas formulacións adoitan darse por sentadas. Non son, non obstante, tan comúns. Para nós, como para calquera outra entidade, estas estratexias supoñen un esforzo engadido, pero moi necesario e inseparable da nosa tarefa cotiá. Pero aínda queremos ir máis lonxe.

En TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. apaixónanos o noso labor. Cremos no que facemos, porque traballamos nun sector crucial para o futuro de todos. Por iso tamén poñemos a nosa experiencia e capacidade directamente ao servizo da natureza e das persoas. É por ese desexo de contribuír con crecente forza a unha sociedade en harmonía co seu ámbito polo que os empregados de TERRANOVA, S.L. desenvolvemos diferentes actuacións de voluntariado ambiental, nas que tamén participan familiares e amigos. Estas son dúas delas:



Campaña de favorecemento das aves forestais

No invernos de 2008 -2009 colocamos en diferentes montes galegos máis de 700 caixas-niño para aves forestais. A partir da primavera de 2009 comezaremos a seguir a súa evolución, e cando remate a época de cría, volveremos descolgalas das ramas, limparémolas e deixarémolas dispostas para que o ano que vén estean listos para os poliños do ano 2010.

 
Sementeiro e viveiro de carballos autóctonos

Mantemos nun viveiro da nosa propiedade varios centenares de pés de carballo e outras especies, obtidos de sementes recollidas anualmente en xornadas de voluntariado. O seu obxecto é a reforestación, no futuro, de zonas degradadas.

 
Patrocinio do XIV Congreso Anual de la Asociación de Ceramología

 Congreso Ceramología

Terranova Interpretación e Xestión Ambiental S.L. é un dos patrocinadores do XIV Congreso Anual de la Asociación de Ceramología, que se celebra en Oleiros - A Coruña, do 2 ao 4 de outubro de 2009. Baixo o título A cerámica en Galicia: dos castros a Sargadelos, este congreso proponse fomentar o estudio, afondar no coñecemento e mellorar a divulgación da cultura cerámica de Galicia dende a antiguedad ata a súa realidade contemporánea. Esta colaboración inscríbese na aposta da nosa empresa polo fomento do coñecemento do noso patrimonio cultural.