|
Guía do Monumento Natural de Dexo – Serantes |
|

76 páxinas a toda cor sobre o Monumento Natural de Dexo - Serantes. A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Concello de Oleiros, TRAGSA e o Centro de extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) encargáronnos a realización desta guía destinada aos visitantes de do Monumento Natural de Dexo - Serantes.
Este é un dos tramos de costa máis espectaculares da bisbarra coruñesa de Ás Mariñas. Dende os seus altos acantilados, fogar dunha nutrida poboación de aves mariñas, contémplase unha ampla panorámica do golfo Ártabro. Son varias as rutas que permiten percorrer os diferentes ambientes desta espazo natural. Esta publicación é a mellor compañía para o paseo. Recolle abundante información non só acerca da flora e a fauna, senón tamén sobre os castros ou as baterías militares que antano ocupaban varios promontorios, o mundo da pesca, os faros... Todo eles ilustrado con abundantes ilustracións, fotografías e mapas. |