|
Producimos un libro sobre a minaría aurífera romana no sur de Lugo |
|

Producimos un libro sobre a minaría aurífera romana no sur de Lugo As cuncas dos ríos Sil e Lor, no sur de Lugo, albergaron durante o imperio romano unha importante industria de extracción de ouro.
As explotacións eran de moi diversa tipoloxía, e moitas delas deixaron na paisaxe impresionantes pegadas, como o túnel de Montefurado, en Quiroga, ou a Mina da Toca, en Folgoso do Courel. Esta publicación de 50 páxinas, producida por Terra Nova S.L. para a Asociación de Desenvolvemento Rural Río Lor, con textos de Iván Antonio Álvarez Merayo e Antonio Álvarez Núñez, repasa a historia e as características esta minaría apoiándose en numerosas imaxes e gráficos. |