InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Publicacións
Publicacións

Libros, guías, carteis, trípticos, despregables, catálogos, contos... O noso equipo de comunicación concibe, redacta, ilustra e maqueta os contidos de todo tipo de publicacións destinadas á divulgación e interpretación do patrimonio natural e cultural ou o turismo. Os nosos clientes só teñen que expresarnos as súas necesidades. Nós encargámonos de todo o demais, incluídas a impresión e a entrega en man.

Estes son algúns exemplos:



Producimos un libro sobre a minaría aurífera romana no sur de Lugo

Minaría aurífera romana no sur de Lugo

Producimos un libro sobre a minaría aurífera romana no sur de Lugo

As cuncas dos ríos Sil e Lor, no sur de Lugo, albergaron durante o imperio romano unha importante industria de extracción de ouro.

Ler máis...
 
Guía do Monumento Natural de Dexo – Serantes

Guía do Monumento Natural de Dexo – Serantes

76 páxinas a toda cor sobre o Monumento Natural de Dexo - Serantes.

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Concello de Oleiros, TRAGSA e o Centro de extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) encargáronnos a realización desta guía destinada aos visitantes de do Monumento Natural de Dexo - Serantes.

Ler máis...
 
A natureza na Coruña

A natureza na Coruña

Para pasear lendo cos máis pequenos.

Esta publicación de 40 páxinas para o Concello da Coruña está concibida como un conto-guía para as familias con nenos pequenos. Propóñense varias rutas moi sinxelas por algúns dos espazos verdes da cidade, e invítase os lectores a descubrir paso a paso a flora e fauna que alí vive.

 
Guía turística do Val do Dubra

Guía turística do Val do Dubra

Todo canto necesita saber o turista neste concello.

O Concello de Val do Dubra encargounos a documentación, a redacción e o deseño desta completa guía de servizos turísticos deste municipio coruñés. Inclúe capítulos dedicados ao patrimonio arquitectónico e natural, os oficios artesáns, ritos e lendas ou equipamentos públicos, entre outros.

 
A Reserva Mariña dos Miñarzos

A Reserva Mariña dos Miñarzos

Información sobre o mellor exemplo de pesca sustentable.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura confiounos a realización dos textos e ilustracións, así como a maquetación, desta colección de material gráfico destinado á promoción da primeira reserva mariña de Galicia, Os Miñarzos. Deseñamos despregables, carteis e adhesivos. Situada fronte ao porto de Lira, en Carnota (A Coruña), esta reserva é todo un exemplo de xestión sustentable dos recursos do mar.

 
A vida salvaxe na area

A vida salvaxe na area

Para protexer entre todos a natureza da costa.

A Demarcación de Costas de Galicia (Ministerio de Medio Ambiente) repartiu os anos 2007 e 2008 en varias praias coruñesas miles de exemplares destes folletos informativos. O seu obxecto é darlles a coñecer aos visitantes dos areais salvaxes a importancia destes lugares para unhas variadas flora e fauna, así como brindar consellos para un comportamento sustentable que harmonice o desfrute do baño coa conservación da natureza.

 
Unha Historia Xeolóxica de 500 millóns de Anos

Unha Historia Xeolóxica de 500.000 Anos

Cando a paisaxe nos fala dun remoto pasado.

A Asociación Río Lor, integrada polos concellos lugueses de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Samos, Bóveda e O Incio, encargounos a redacción, ilustracións e maquetación desta publicación divulgativa de 80 páxinas. Nela interprétanse diversos fenómenos xeolóxicos doadamente visibles para os visitantes da serra do Courel, como o espectacular pregamento de Campodola ou o val glaciar da Seara.

 
O Parque Natural das Fragas do Eume

O Parque Natural das Fragas do Eume

A mellor guía sobre un dos bosques máis importantes de Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible puxo nas nosas mans a realización desta guía, na que, ao longo de 70 páxinas, se destacan os principais valores naturais e culturais do Parque Natural das Fragas do Eume. Inclúe un gran mapa despregable do espazo, con abundante información para a visita.

 
Guía das aves do encoro de Abegondo-Cecebre

Guía das aves do encoro de Abegondo-Cecebre

Unha completa información sobre as aves deste espazo natural.

O encoro de Abegondo-Cecebre creouse na década dos anos 70 do pasado século para abastecer de auga os municipios da Coruña e o seu contorno. Pouco despois converteuse nun extraordinario espazo natural, tal e como recoñeceu a Unión Europea ao declaralo Lugar de Importancia Comunitaria. Entre os seus valores destacan as poboacións de aves silvestres que o converten no seu fogar ao longo do ano. Esta completa guía, realizada para o Concello de Abegondo, ofrécelle ao visitante as claves para identificar e coñecer os costumes da grande maioría delas.