TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. iniciou a súa actividade en xaneiro de 1999 con catro emprendedores. Dez anos despois somos máis de trinta. O noso equipo está composto por persoas de moi diferentes perfís profesionais, que teñen en común un firme compromiso coa sustentabilidade ambiental.
Durante esta década tivemos a oportunidade de achegar innovadoras e eficaces solucións ás necesidades dos nosos clientes. Neste aniversario querémoslles agradecer a súa confianza. Nela ciméntase a constante motivación que fixo posible a nosa traxectoria.
A construción de toda sociedade debe estar baseada no respecto ás persoas e o uso sustentable dos recursos do planeta. Esta filosofía impregna a nosa política de calidade e inspira o noso labor diario.