Obradoiros de Educación Ambiental no Xardín Arboretum Caixa Galicia
Moi próximo á plaia de Samil, o XARDÍN ARBORETUM CAIXA GALICIA é unha das coleccións botánicas máis interesantes de Galicia, froito da labor do paisaxista Francisco de Sales Covelo. Conta con cerca de 6.000 m2 de xardín, viveiros e arboreto. Durante o curso 2008-2009 desenvolvemos alí, para a Obra Social de Caixa Galicia, un amplo programa de actividades de educación ambiental que ten como protagonistas o paisaxismo, a botánica e a xardinería.
Os principais obxectivos do programa céntranse en destacar a importancia dos xardíns urbanos como reservas de biodiversidade, e ao mesmo tempo promover o coñecemento das labores de xardinería, conservación de especies e mellora do medio que se realizan desde a Fundación Sales. As actividades, realizadas no propio xardín, están destinadas a grupos organizados de todas as idades: grupos de escolares, asociacións, etc.
Podes encontrar máis información sobre esta actividade, e descargar o manual do alumno, na páxina web da Obra Social de Caixa Galicia:
76 páxinas a toda cor sobre o Monumento Natural de Dexo - Serantes.
A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Concello de Oleiros, TRAGSA e o Centro de extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) encargáronnos a realización desta guía destinada aos visitantes de do Monumento Natural de Dexo - Serantes.
Este é un dos tramos de costa máis espectaculares da bisbarra coruñesa de Ás Mariñas. Dende os seus altos acantilados, fogar dunha nutrida poboación de aves mariñas, contémplase unha ampla panorámica do golfo Ártabro. Son varias as rutas que permiten percorrer os diferentes ambientes desta espazo natural. Esta publicación é a mellor compañía para o paseo. Recolle abundante información non só acerca da flora e a fauna, senón tamén sobre os castros ou as baterías militares que antano ocupaban varios promontorios, o mundo da pesca, os faros... Todo eles ilustrado con abundantes ilustracións, fotografías e mapas.
TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. iniciou a súa actividade en xaneiro de 1999 con catro emprendedores. Dez anos despois somos máis de trinta. O noso equipo está composto por persoas de moi diferentes perfís profesionais, que teñen en común un firme compromiso coa sustentabilidade ambiental.
Durante esta década tivemos a oportunidade de achegar innovadoras e eficaces solucións ás necesidades dos nosos clientes. Neste aniversario querémoslles agradecer a súa confianza. Nela ciméntase a constante motivación que fixo posible a nosa traxectoria.
A construción de toda sociedade debe estar baseada no respecto ás persoas e o uso sustentable dos recursos do planeta. Esta filosofía impregna a nosa política de calidade e inspira o noso labor diario.