|
O Consello de Administración de Terranova Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. (en diante TERRANOVA, S.L.) declara formalmente o seu compromiso de asegurar a calidade e a xestión ambiental en todos os procesos de acordo coas normas UNE-EN ISO 9001:2000 e UNE-EN ISO 14001:2004, así como de cumprir con todos os requirimentos legais establecidos en materia de seguridade e saúde no traballo. Os principios e obxectivos xerais da xestión da calidade e a xestión ambiental de TERRANOVA, S.L. baséanse na seguinte política integrada: - Traballar para comprender as necesidades dos nosos clientes e conseguir a súa plena satisfacción, cumprindo tanto as súas especificacións como as disposicións legais ou regulamentarias que sexan aplicables.
- Manter unha mellora continua da calidade e da xestión ambiental.
- Traballar en equipo para cumprir con esta política e identificar e alcanzar os obxectivos propostos.
- Manter unha constante mellora da xestión dos residuos xerados pola nosa actividade, potenciando a estratexia dos tres R (Reducir, Reutilizar, Reciclar). Tamén minimizar o consumo de enerxía e auga, así como as emisións de CO2.
- Traballar para difundir a cultura da sustentabilidade tanto na nosa organización como entre os nosos clientes, provedores, subcontratistas e colaboradores, cos medios ao noso alcance.
- Priorizar o traballo con provedores e subcontratistas que contribúan a preservar a biodiversidade utilizando recursos renovables, que fagan unha xestión ambientalmente correcta das súas instalacións e que preferentemente estean certificados.
- Colaborar de forma prioritaria con provedores locais e de municipios veciños.
- Traballar para a integración, a non discriminación e a flexibilización das condicións de traballo do persoal de TERRANOVA, S.L.
- Desenvolver actividades de formación interna para que todo o persoal de TERRANOVA, S.L. coñezamos, participemos e apliquemos o sistema de aseguramento da calidade e xestión ambiental implantada e tomemos parte nas accións de responsabilidade social e de seguridade e saúde.
- Manter unha relación aberta de colaboración e participación coas administracións públicas, a comunidade local e outros grupos interesados nas nosas actividades.
Comunicar esta política a todo o noso equipo humano, así como a cantos nola soliciten. A nosa organización terá, como marco para o desenvolvemento da súa actividade profesional, esta política integrada, que será compartida e asumida, sen excepción, por todos os que integran TERRANOVA, S.L. Esta política de calidade e medio ambiente atópase á disposición de todas as partes interesadas e deberá ser cumprida, así mesmo, por todos os provedores e subcontratistas que participen nas actividades incluídas no alcance do sistema de xestión.
|