|
Día do Medio Ambiente - Concello da Coruña |
|

A grande festa do medio ambiente na Coruña.
O Concello da Coruña encargounos durante varios anos consecutivos a celebración do Día do Medio Ambiente. O acto central ten lugar na praza de María Pita, fronte ao edificio do concello. Alí teñen lugar diferentes actividades educativas destinadas a grupos escolares, cos que o alcalde da cidade comparte unha xornada destinada a reflexionar sobre a responsabilidade de cada un de nós na construción dun mundo máis limpo. Encargámonos da organización, creación de materiais de apoio e realización das actividades. |