|
Semana da Mobilidade na Coruña |
|

Por un transporte sustentable.
A Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A. confiounos en 2007 a conversión dun autobús urbano e un tranvía en centros de información acerca das vantaxes do transporte público. Ambos os dous vehículos foron cubertos de grandes adhesivos con abundante información ao respecto. Esta campaña, que se enmarca na Semana da Mobilidade promovida pola Unión Europea, realizouse en colaboración co Concello da Coruña, e incluíu a realización de numerosas actividades en centros escolares e centros cívicos. |