InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Museos Aula da Natureza e Museo Etnográfico das brañas de Valga
Aula da Natureza e Museo Etnográfico das brañas de Valga

Aula da Natureza e Museo Etnográfico das brañas de Valga

O barro, a arxila e a cerámica son os protagonistas deste espazo, que non esquece reflexionar acerca da necesidade de protexer as nosas zonas húmidas.

As brañas de Valga recuperaron hoxe o seu valor natural e convertéronse nun importante recurso pedagóxico. Este era o obxectivo do Concello de Mesía cando nos encargou a súa recuperación ambiental e a creación da exposición permanente do Museo Etnográfico e a Aula da Natureza. Ambos os dous están nun edificio de dúas plantas (baixo e soto) situado xunto a unha antiga barreira de extracción de arxila recuperada como lagoa. A planta superior está dedicada á flora e a fauna propia das zonas húmidas de Galicia, e en concreto á importancia das brañas. Tamén está aquí a aula taller-laboratorio, dotada co equipamento necesario para acoller grupos de ata 40 persoas, e a aula de usos múltiples. A planta inferior acolle unha ampla exposición acerca da explotación e o uso da arxila e o barro e a historia da cerámica en Galicia.