InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Museos Aula Forestal de Areas, en Tui
Aula Forestal de Areas, en Tui

Aula Forestal de Areas, en Tui

O edificio que acolleu os inicios da moderna xestión forestal en Galicia convértese nun museo sobre o uso sustentable dos nosos bosques.

A empresa TRAGSATEC, por encarga da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, puxo nas nosas mans o deseño dos contidos deste museo, a execución dos seus diferentes módulos e a súa instalación definitiva. O espazo a utilizar era unha bonita casona de principios do século XX, situada no Viveiro Forestal de Areas, no concello de Tui (Pontevedra). Parte das seis amplas salas deste museo están dedicadas á memoria do enxeñeiro forestal Rafael Areses, fundador deste viveiro. Aquí consérvanse, entre outros, o despacho de quen foi o principal modernizador da xestión do monte galego, así como as súas coleccións de sementes. Outros espazos están destinados a unha exposición acerca da xestión forestal sustentable e, en xeral, á divulgación dos valores do bosque.