|
Centro de Interpretación da Natureza do Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra |
|

A Galicia máis mediterránea recibe aquí os seus visitantes para contarlles historias moi naturais.
O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é un dos máis fermosos e á vez menos coñecidos de Galicia. Un lugar de ambientes mediterráneos e altos farallóns calcarios sobre o río Sil. Co fin de darlle a coñecer ao público visitante os valores que aquí se preservan, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia encargounos a exposición permanente do seu Centro de Interpretación da Natureza. Adecuouse a sala, instaláronse paneis, dioramas, vitrinas e modelados, e realizouse un audiovisual. |