|
Sala de Prensa e Imprenta do Museo do Pobo Galego |
|

A historia de como nos contamos as cousas, no museo de todos.
O Museo do Pobo Galego sen dúbida é un dos máis importantes de Galicia. Xestionado por un padroado integrado por boa parte das institucións culturais da comunidade, o seu obxecto é “investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos; e, concretamente, crear e manter un museo ao servizo destes obxectivos”. Cando nos fixemos cargo do deseño e instalación da súa Sala de Prensa e Imprenta eramos moi conscientes da responsabilidade asumida. O noso traballo consistiu tanto en elaborar o proxecto expositivo previo como na instalación definitiva das pezas e os diferentes módulos. O resultado é unha completa e intensa mirada cara ao pasado destes oficios en Galicia. |