InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Interpretación do patrimonio Xestión da Aula da Natureza do Courel
Xestión da Aula da Natureza do Courel

Xestión da Aula da Natureza do Courel

Atención aos visitantes no portal de entrada a un dos bosques máis fermosos de Galicia.

Entre os anos 2004 e 2007 encargámonos da xestión e atención aos visitantes da Aula da Natureza do Courel, por pedimento da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.

A aula está situada na entrada da devesa da Rogueira, un dos bosques máis fermosos e ricos en flora de Galicia. Durante eses anos atendemos máis de 6.000 persoas. Posteriormente a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible encargounos o deseño de rutas e a atención dos grupos organizados que visitan este espazo natural.