|
Interpretación do castro de Troña - Concello de Ponteareas |
|
 Interpretación do castro de Troña - Concello de Ponteareas
O xacemento arqueolóxico do castro de Troña é un dos máis importantes e populares do sur de Galicia, escenario ademais dunha concorrida romaría anual. No ano 2000 o Concello de Ponteareas ponse en contacto con nós para encargarnos un proxecto de interpretación e instalación de mobiliario integrado para os/as visitantes, co obxecto de facelos partícipes da conservación do lugar. Deséñanse varios paneis, ordénase o uso público e créase unha pequena exposición sobre as escavacións aquí desenvolvidas. Posteriormente, en 2007 actualízase e amplíase esta actuación. Máis información acerca do castro de Troña. |