|
Visitas guiadas ao castro de Elviña - Concello da Coruña |
|

Todas as semanas percorremos con diferentes grupos un xacemento arqueolóxico cheo de historia e de historias.
En 2008 o Concello da Coruña encárganos a xestión das visitas guiadas a un dos máis importantes xacementos arqueolóxicos do norte de Galicia: o castro de Elviña. Máis de 5.000 persoas pasearon con nós por entre as murallas deste espazo, coñecendo de primeira man tanto a vida cotiá dos que o habitaron como as diferentes técnicas que permiten reconstruír ese pasado. Neste enlace tes máis información acerca das visitas guiadas ao castro de Elviña. |