InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Interpretación do patrimonio Programa para maiores “A fotografía é o máis natural” - Obra Social Caixa Galicia
Programa para maiores “A fotografía é o máis natural” - Obra Social Caixa Galicia

Programa para maiores “A fotografía é o máis natural” - Obra Social Caixa Galicia

Grazas a este programa, os maiores de Galicia poden á vez descubrir os nosos parques naturais e aprender a facer fotografías dixitais.

En 2007 e 2008 máis de 500 persoas maiores, organizadas desde os centros de maiores da Obra Social de Caixa Galicia, visitaron con nós algúns dos máis valiosos espazos naturais da nosa comunidade. As dunas de Corrubedo, o Monte Aloia, o cabo de Estaca de Bares ou as Fragas do Eume foron algúns dos lugares visitados e fotografados. Porque durante as excursións os participantes aprenderon a facer fotografía dixital. Coas instantáneas obtidas organizáronse despois dúas exposicións itinerantes que percorreron as principais cidades galegas.

Máis información sobre o Programa para maiores "A forografía é o máis natural"