|
Rutas guiadas pola Serra do Courel, o Parque Natural das Fragas do Eume e a lagoa de Baldaio |
|

Acompañamos os visitantes dalgúns dos espazos naturais máis emblemáticos de Galicia.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia encárganos desde 1999 o deseño e a organización de rutas guiadas por estes espazos naturais. O noso equipo de intérpretes ambientais acompaña así os máis diferentes colectivos de cidadás e cidadáns durante os seus percorridos por algúns dos bosques, zonas húmidas e montañas de maior interese de Galicia, adaptando as súas explicacións á formación, experiencia ou idades de cada un deles. Desde 2006 estas visitas enmárcanse no programa "Vive ao Natural!", cuxa páxina web tamén deseñamos nós. |