|
O noso equipo de interpretación do patrimonio desenvolve proxectos e programas de comunicación de bens naturais e culturais, destinados a todo tipo de visitantes. O principal esforzo está dirixido a crear mensaxes capaces de lograr unha conexión intelectual e emotiva de cada persoa co espazo visitado. Deste xeito a interpretación cumpre a súa estratéxica función, necesaria para a axeitada xestión dos lugares destinados a ser á vez desfrutados e conservados. Desde 1999 abordamos moi diferentes proxectos de interpretación do patrimonio. Estes son algúns dos máis representativos:
|
|
Rutas guiadas pola Serra do Courel, o Parque Natural das Fragas do Eume e a lagoa de Baldaio |
|

Acompañamos os visitantes dalgúns dos espazos naturais máis emblemáticos de Galicia. |
|
Ler máis...
|
|
Producimos o novo despregable turístico para a Torre de Hércules |
|
Producimos o novo despregable turístico para a Torre de Hércules
|
|
Ler máis...
|
|
Programa para maiores “A fotografía é o máis natural” - Obra Social Caixa Galicia |
|

Grazas a este programa, os maiores de Galicia poden á vez descubrir os nosos parques naturais e aprender a facer fotografías dixitais. |
|
Ler máis...
|
|
Visitas guiadas ao castro de Elviña - Concello da Coruña |
|

Todas as semanas percorremos con diferentes grupos un xacemento arqueolóxico cheo de historia e de historias. |
|
Ler máis...
|
|
Interpretación do castro de Troña - Concello de Ponteareas |
|
 Interpretación do castro de Troña - Concello de Ponteareas |
|
Ler máis...
|
|
Xestión da Aula da Natureza do Courel |
|
 Atención aos visitantes no portal de entrada a un dos bosques máis fermosos de Galicia. |
|
Ler máis...
|
|
|
|