| Desenvolvemos a nova sinalización do ámbito da Torre de Hércules
Con motivo da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade en 2009 o Concello de A Coruña encargounos o desenvolvemento de diversas accións de interpretación destinadas a comunicar aos seus visitantes os valores naturais, etnográficos e históricos do ámbito do monumento. A tal fin elaboráronse un conxunto de 42 paneis interpretativos que recollen os fitos máis destacados dun total de 4 rutas. Esta actuación, complemento dos traballos desenvolvidos pola "Escola taller Ámbito da Torre de Hércules", incluíu ademais a redacción dun completo informe ambiental, a edición de diversas publicacións divulgativas e a dotación señalética do novo centro de recepción de visitantes sito no aparcamento inmediato á Torre. Foi avalada, ademais de polo Concello de A Coruña, pola Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia, a UNESCO e o Fondo Social Europeo. |
|
|
|