O pasado 24 de outubro organizamos para o Concello de Narón a celebración da "Feira da Mel e produtos ecolóxicos", na que participaron máis de 30 produtores de toda Galicia, e que contou coa presenza de preto de 2.000 visitantes.
Foi unha extraordinaria ocasión para coñecer de primeira man as iniciativas de produción ecolóxica que cada vez proliferan máis en Galicia, así como para degustar os seus produtos.
A feira, que terá de novo lugar o próximo ano por estas datas, incluíu unhas xornadas técnicas, un xantar ecolóxico para máis de 150 comensais en Aldea Nova e a repartición de varios premios.



