Unha completa información sobre as aves deste espazo natural.
O encoro de Abegondo-Cecebre creouse na década dos anos 70 do pasado século para abastecer de auga os municipios da Coruña e o seu contorno. Pouco despois converteuse nun extraordinario espazo natural, tal e como recoñeceu a Unión Europea ao declaralo Lugar de Importancia Comunitaria. Entre os seus valores destacan as poboacións de aves silvestres que o converten no seu fogar ao longo do ano. Esta completa guía, realizada para o Concello de Abegondo, ofrécelle ao visitante as claves para identificar e coñecer os costumes da grande maioría delas.



