A Deputación de A Coruña encargounos a dotación museística do Centro de Visitantes do Dolmen de Dombate, en Borneiro, Cabana de Bergantiños (A Coruña), unha das xoias arqueolóxicas do noroeste peninsular.
O noso traballo consistiu na creación dun audiovisual sobre a cultura megalítica e os ritos funerarios prehistóricos, o deseño e instalación de diferentes paneis informativos sobre distintas superficies, a elaboración de 3 maquetas, e a publicación de unidades didácticas e trípticos.
Neste enlace podes ler as impresións de César Antonio Molina en torno ao novo Centro de Visitantes de Dolmen de Dombate, publicadas no suplemento "Viajeros" do diario El País.
Todas as semanas percorremos con diferentes grupos un xacemento arqueolóxico cheo de historia e de historias.
En 2008 o Concello da Coruña encárganos a xestión das visitas guiadas a un dos máis importantes xacementos arqueolóxicos do norte de Galicia: o castro de Elviña.
Máis de 5.000 persoas pasearon con nós por entre as murallas deste espazo, coñecendo de primeira man tanto a vida cotiá dos que o habitaron como as diferentes técnicas que permiten reconstruír ese pasado.
Neste enlace tes máis información acerca das visitas guiadas ao castro de Elviña.
O xacemento arqueolóxico do castro de Troña é un dos máis importantes e populares do sur de Galicia, escenario ademais dunha concorrida romaría anual. No ano 2000 o Concello de Ponteareas ponse en contacto con nós para encargarnos un proxecto de interpretación e instalación de mobiliario integrado para os/as visitantes, co obxecto de facelos partícipes da conservación do lugar. Deséñanse varios paneis, ordénase o uso público e créase unha pequena exposición sobre as escavacións aquí desenvolvidas. Posteriormente, en 2007 actualízase e amplíase esta actuación.
Máis información acerca do castro de Troña.
Atención aos visitantes no portal de entrada a un dos bosques máis fermosos de Galicia.
Entre os anos 2004 e 2007 encargámonos da xestión e atención aos visitantes da Aula da Natureza do Courel, por pedimento da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.
A aula está situada na entrada da devesa da Rogueira, un dos bosques máis fermosos e ricos en flora de Galicia. Durante eses anos atendemos máis de 6.000 persoas. Posteriormente a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible encargounos o deseño de rutas e a atención dos grupos organizados que visitan este espazo natural.
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.