O conxunto formado pola lagoa, as dunas e a ampla praia de Traba (Laxe, A Coruña) é un dos espazos naturais máis emblemáticos e mellor conservados da Costa dá Morte. Forma parte da Rede Natura 2000 tanto como parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "Costa da Morte" como da Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) "Costa da Morte Norte". O Ministerio de Medio, e Medio Rural e Mariño, a través da Demarcación de Costas de Galicia, desenvolveu este ano unha actuación de recuperación ambiental que incluíu, entre outras accións, a instalación de varias pasarelas e a demolición de edificios e naves que ocupaban o espazo público marítimo-terrestre.
Como parte deste labor, Terranova Interpretación y Gestión Ambiental S.L. deseñou e produciu un conxunto de paneis interpretativos que presentan ao visitante os procesos ecolóxicos que teñen lugar neste espazo, así como as especies de flora e fauna máis características de cantas aquí habitan. Tamén asesorou na construción de dous observatorios de aves.
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.