Unha completa información sobre as aves deste espazo natural.
O encoro de Abegondo-Cecebre creouse na década dos anos 70 do pasado século para abastecer de auga os municipios da Coruña e o seu contorno. Pouco despois converteuse nun extraordinario espazo natural, tal e como recoñeceu a Unión Europea ao declaralo Lugar de Importancia Comunitaria. Entre os seus valores destacan as poboacións de aves silvestres que o converten no seu fogar ao longo do ano. Esta completa guía, realizada para o Concello de Abegondo, ofrécelle ao visitante as claves para identificar e coñecer os costumes da grande maioría delas.
A mellor guía sobre un dos bosques máis importantes de Galicia.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible puxo nas nosas mans a realización desta guía, na que, ao longo de 70 páxinas, se destacan os principais valores naturais e culturais do Parque Natural das Fragas do Eume. Inclúe un gran mapa despregable do espazo, con abundante información para a visita.
Cando a paisaxe nos fala dun remoto pasado.
A Asociación Río Lor, integrada polos concellos lugueses de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Samos, Bóveda e O Incio, encargounos a redacción, ilustracións e maquetación desta publicación divulgativa de 80 páxinas. Nela interprétanse diversos fenómenos xeolóxicos doadamente visibles para os visitantes da serra do Courel, como o espectacular pregamento de Campodola ou o val glaciar da Seara.
Para protexer entre todos a natureza da costa.
A Demarcación de Costas de Galicia (Ministerio de Medio Ambiente) repartiu os anos 2007 e 2008 en varias praias coruñesas miles de exemplares destes folletos informativos. O seu obxecto é darlles a coñecer aos visitantes dos areais salvaxes a importancia destes lugares para unhas variadas flora e fauna, así como brindar consellos para un comportamento sustentable que harmonice o desfrute do baño coa conservación da natureza.
Información sobre o mellor exemplo de pesca sustentable.
A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura confiounos a realización dos textos e ilustracións, así como a maquetación, desta colección de material gráfico destinado á promoción da primeira reserva mariña de Galicia, Os Miñarzos. Deseñamos despregables, carteis e adhesivos. Situada fronte ao porto de Lira, en Carnota (A Coruña), esta reserva é todo un exemplo de xestión sustentable dos recursos do mar.
Todo canto necesita saber o turista neste concello.
O Concello de Val do Dubra encargounos a documentación, a redacción e o deseño desta completa guía de servizos turísticos deste municipio coruñés. Inclúe capítulos dedicados ao patrimonio arquitectónico e natural, os oficios artesáns, ritos e lendas ou equipamentos públicos, entre outros.
Para pasear lendo cos máis pequenos.
Esta publicación de 40 páxinas para o Concello da Coruña está concibida como un conto-guía para as familias con nenos pequenos. Propóñense varias rutas moi sinxelas por algúns dos espazos verdes da cidade, e invítase os lectores a descubrir paso a paso a flora e fauna que alí vive.
76 páxinas a toda cor sobre o Monumento Natural de Dexo - Serantes.
A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Concello de Oleiros, TRAGSA e o Centro de extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) encargáronnos a realización desta guía destinada aos visitantes de do Monumento Natural de Dexo - Serantes.
Este é un dos tramos de costa máis espectaculares da bisbarra coruñesa de Ás Mariñas. Dende os seus altos acantilados, fogar dunha nutrida poboación de aves mariñas, contémplase unha ampla panorámica do golfo Ártabro. Son varias as rutas que permiten percorrer os diferentes ambientes desta espazo natural. Esta publicación é a mellor compañía para o paseo. Recolle abundante información non só acerca da flora e a fauna, senón tamén sobre os castros ou as baterías militares que antano ocupaban varios promontorios, o mundo da pesca, os faros... Todo eles ilustrado con abundantes ilustracións, fotografías e mapas.
Producimos un libro sobre a minaría aurífera romana no sur de Lugo
As cuncas dos ríos Sil e Lor, no sur de Lugo, albergaron durante o imperio romano unha importante industria de extracción de ouro.
As explotacións eran de moi diversa tipoloxía, e moitas delas deixaron na paisaxe impresionantes pegadas, como o túnel de Montefurado, en Quiroga, ou a Mina da Toca, en Folgoso do Courel. Esta publicación de 50 páxinas, producida por Terra Nova S.L. para a Asociación de Desenvolvemento Rural Río Lor, con textos de Iván Antonio Álvarez Merayo e Antonio Álvarez Núñez, repasa a historia e as características esta minaría apoiándose en numerosas imaxes e gráficos.
A Asociación de Ceramoloxía encargounos a coordinación da edición das actas dos seus XIV congreso, celebrado en 2009 en Oleiros (A Coruña), e dedicado á cerámica galega. Este volume de máis de 190 páxinas inclúe numerosos artigos e fotografías, e pode consultarse en:
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.