O Concello de A Coruña confiounos a musealización deste monumento emblemático, declarado en 2009 pola UNESCO "Patrimonio da Humanidade".
A actuación consistiu na instalación de paneis, a elaboración de videos (un deles en 3D) e aplicacións interactivas, a creación de audioguías, ou a preparación de unidades didácticas para o ámbito escolar. Os procesos de deseño e execución deste proxecto tiveron en conta en todo momento tanto a conservación do monumento como a accesibilidade a todos os contidos. Grazas a isto último, aqueles visitantes que por diferentes motivos non poden subir polas escaleiras da torre dispoñen agora da oportunidade de facelo de forma virtual na planta baixa.
A natureza regresa a unha antiga explotación de barro destinada á produción de ladrillos e cerámica.
O edificio que alberga o Museo Etnográfico y el Aula de Naturaleza de las brañas de Valga enmárcase nun ámbito natural protagonizado por unha ampla lagoa. Por encarga do Concello de Mesía, acondicionamos este ámbito con pasamáns, áreas de descanso, pasarelas e un firme axeitado para o paseo. A lagoa e o museo ocupan unha superficie total de aproximadamente 18.100 m2. Deles, 4.060 m2 corresponden a zona de beira, onde o traballo consistiu en suavizar as pendentes e plantar vexetación acuática autóctona, co fin de brindarlles un fogar a diferentes especies silvestres de fauna. Anfibios, parrulos, garzas ou mergullóns convertéronse de inmediato nos “okupas” deste lugar, para desfrute dos seus visitantes.
O barro, a arxila e a cerámica son os protagonistas deste espazo, que non esquece reflexionar acerca da necesidade de protexer as nosas zonas húmidas.
As brañas de Valga recuperaron hoxe o seu valor natural e convertéronse nun importante recurso pedagóxico. Este era o obxectivo do Concello de Mesía cando nos encargou a súa recuperación ambiental e a creación da exposición permanente do Museo Etnográfico e a Aula da Natureza. Ambos os dous están nun edificio de dúas plantas (baixo e soto) situado xunto a unha antiga barreira de extracción de arxila recuperada como lagoa. A planta superior está dedicada á flora e a fauna propia das zonas húmidas de Galicia, e en concreto á importancia das brañas. Tamén está aquí a aula taller-laboratorio, dotada co equipamento necesario para acoller grupos de ata 40 persoas, e a aula de usos múltiples. A planta inferior acolle unha ampla exposición acerca da explotación e o uso da arxila e o barro e a historia da cerámica en Galicia.
O edificio que acolleu os inicios da moderna xestión forestal en Galicia convértese nun museo sobre o uso sustentable dos nosos bosques.
A empresa TRAGSATEC, por encarga da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, puxo nas nosas mans o deseño dos contidos deste museo, a execución dos seus diferentes módulos e a súa instalación definitiva. O espazo a utilizar era unha bonita casona de principios do século XX, situada no Viveiro Forestal de Areas, no concello de Tui (Pontevedra). Parte das seis amplas salas deste museo están dedicadas á memoria do enxeñeiro forestal Rafael Areses, fundador deste viveiro. Aquí consérvanse, entre outros, o despacho de quen foi o principal modernizador da xestión do monte galego, así como as súas coleccións de sementes. Outros espazos están destinados a unha exposición acerca da xestión forestal sustentable e, en xeral, á divulgación dos valores do bosque.
Unha extraordinaria colección de pezas da Galicia rural para recordar un pasado non tan remoto.
Este é un dos máis recentes museos etnográficos de Galicia, destinado a albergar unha colección de apeiros cotiáns que nos falan do pasado do mundo rural galego. Son os seus protagonistas os traballos do campo e o fogar, estreitamente vinculados aos ciclos da natureza, e sobre todo os homes e mulleres que co seu esforzo fixeron posible a superación dunhas duras condicións de vida. O Concello de Frades confiou en nós para a adecuación das salas do museo, a distribución das pezas ou o deseño e instalación da información. O resultado é un apaixonante paseo por un tempo non tan afastado.
A Galicia máis mediterránea recibe aquí os seus visitantes para contarlles historias moi naturais.
O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é un dos máis fermosos e á vez menos coñecidos de Galicia. Un lugar de ambientes mediterráneos e altos farallóns calcarios sobre o río Sil. Co fin de darlle a coñecer ao público visitante os valores que aquí se preservan, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia encargounos a exposición permanente do seu Centro de Interpretación da Natureza. Adecuouse a sala, instaláronse paneis, dioramas, vitrinas e modelados, e realizouse un audiovisual.
O 27 de xuño de 2009 a Torre de Hércules, un dos monumentos máis importantes de Galicia e o faro máis antigo do mundo en funcionamento, foi declarada pola UNESCO "Patrimonio da Humanidade".
O edificio e o seu ámbito adquiren desta forma unha nova función: a de converterse en exemplo de xestión dos bens comúns, tanto para os que os gozan cada día coma para os que o fan durante o seu tempo de ocio, ou aqueles que a recibirán no futuro como herdanza.
Os baixos do monumento foron obxecto de escavacións arqueolóxicas de grande interese. A súa visita é fundamental para coñecer de primeira man as súas orixes romanas do faro e a súa evolución ao longo das idades media, moderna e ontemporánea.
O Concello de A Coruña, no marco do seu intenso labor de conservación e promoción da Torre de Hércules, encargounos, en colaboración co Museo Histórico e Arqueolóxico de A Coruña e a empresa Past S.L., a musealización e interpretación dese depósito, así como o deseño e realización dunha colección de folletos despregables para os visitantes en seis idiomas, e a realización dun video promocional para a feria internacional de turismo FITUR.
A historia de como nos contamos as cousas, no museo de todos.
O Museo do Pobo Galego sen dúbida é un dos máis importantes de Galicia. Xestionado por un padroado integrado por boa parte das institucións culturais da comunidade, o seu obxecto é “investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos; e, concretamente, crear e manter un museo ao servizo destes obxectivos”. Cando nos fixemos cargo do deseño e instalación da súa Sala de Prensa e Imprenta eramos moi conscientes da responsabilidade asumida. O noso traballo consistiu tanto en elaborar o proxecto expositivo previo como na instalación definitiva das pezas e os diferentes módulos. O resultado é unha completa e intensa mirada cara ao pasado destes oficios en Galicia.
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.