A Deputación de A Coruña encargounos a dotación museística do Centro de Visitantes do Dolmen de Dombate, en Borneiro, Cabana de Bergantiños (A Coruña), unha das xoias arqueolóxicas do noroeste peninsular.
O noso traballo consistiu na creación dun audiovisual sobre a cultura megalítica e os ritos funerarios prehistóricos, o deseño e instalación de diferentes paneis informativos sobre distintas superficies, a elaboración de 3 maquetas, e a publicación de unidades didácticas e trípticos.
Neste enlace podes ler as impresións de César Antonio Molina en torno ao novo Centro de Visitantes de Dolmen de Dombate, publicadas no suplemento "Viajeros" do diario El País.
Elaboramos e deseñamos diferentes materiais de apoio para a comunicación ambiental dunha das empresas españolas con maior presenza internacional.
A sustentabilidade ambiental é un dos alicerces fundamentais da ambiciosa política de responsabilidade social corporativa de INDITEX. Como apoio ás diferentes accións do seu plan estratéxico ambiental, desenvolvemos materiais para a súa comunicación ambiental interna –destinada á formación dos seus empregados e empregadas– e externa; entre outros, multimedia e material gráfico.
Unha das páxinas web sobre medio ambiente máis visitadas de Galicia.
A Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) encargounos o deseño e os contidos da súa nova web, así como o seu mantemento e actualización diarios. Esta páxina inclúe grande abundancia de material multimedia, moi útil para trasladarlle á cidadanía o labor que realiza SOGAMA.
Este traballo compleméntase coa organización e atención de visitas ás instalacións desta empresa en Cerceda, A Coruña.
O grande espazo web sobre a conservación da natureza en Galicia.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia) confiounos a actualización dos contidos e o deseño da súa páxina web. Creamos abundantes textos e materiais gráficos acerca dos espazos naturais protexidos desta comunidade autónoma, as especies de flora e fauna ameazadas, a biodiversidade galega ou a normativa aplicable á protección da nosa natureza.
Unha mensaxe multimedia sobre o aforro de papel que chega por e-mail.
Esta campaña tivo carácter interno, pois estaba destinada aos traballadores e traballadoras do Concello da Coruña. Desenvolveuse en colaboración coa Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón (ASPAPEL). O seu obxecto era promover un uso racional do papel nas instalacións do concello. Elaboráronse diferentes materiais multimedia e breves auditorías persoais online.
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.