A Deputación de A Coruña encargounos a dotación museística do Centro de Visitantes do Dolmen de Dombate, en Borneiro, Cabana de Bergantiños (A Coruña), unha das xoias arqueolóxicas do noroeste peninsular.
O noso traballo consistiu na creación dun audiovisual sobre a cultura megalítica e os ritos funerarios prehistóricos, o deseño e instalación de diferentes paneis informativos sobre distintas superficies, a elaboración de 3 maquetas, e a publicación de unidades didácticas e trípticos.
Neste enlace podes ler as impresións de César Antonio Molina en torno ao novo Centro de Visitantes de Dolmen de Dombate, publicadas no suplemento "Viajeros" do diario El País.
O Concello de A Coruña confiounos a musealización deste monumento emblemático, declarado en 2009 pola UNESCO "Patrimonio da Humanidade".
A actuación consistiu na instalación de paneis, a elaboración de videos (un deles en 3D) e aplicacións interactivas, a creación de audioguías, ou a preparación de unidades didácticas para o ámbito escolar. Os procesos de deseño e execución deste proxecto tiveron en conta en todo momento tanto a conservación do monumento como a accesibilidade a todos os contidos. Grazas a isto último, aqueles visitantes que por diferentes motivos non poden subir polas escaleiras da torre dispoñen agora da oportunidade de facelo de forma virtual na planta baixa.
Producimos o novo despregable turístico para a Torre de Hércules
Os visitantes da Torre de Hércules teñen dende hai unhas semanas á súa disposición un novo despregable con abundante información acerca da historia, as lendas e as principais características do monumento recentemente declarado Patrimonio de Humanidade.
Producido por Terranova Interpretación e Xestión Ambiental S.L., foi editado en galego, castelán, catalán, francés, inglés, italiano, xaponés, portugués e alemán.
Podes descargarte o folleto aquí:
Despregable turístico Torre de Hércules
Acompañamos os visitantes dalgúns dos espazos naturais máis emblemáticos de Galicia.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia encárganos desde 1999 o deseño e a organización de rutas guiadas por estes espazos naturais. O noso equipo de intérpretes ambientais acompaña así os máis diferentes colectivos de cidadás e cidadáns durante os seus percorridos por algúns dos bosques, zonas húmidas e montañas de maior interese de Galicia, adaptando as súas explicacións á formación, experiencia ou idades de cada un deles.
Desde 2006 estas visitas enmárcanse no programa "Vive ao Natural!", cuxa páxina web tamén deseñamos nós.
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.