Claves para interpretar unha das paisaxes máis sobresaíntes do norte de Galicia.
O Concello da Coruña confiounos en 2007 unha exposición temporal destinada á inauguración da cúpula-miradoiro do Monte de San Pedro, desde onde se contempla unha das vistas máis espectaculares da cidade e do golfo Ártabro. Debiamos deseñar uns contidos e módulos que non interferisen coa panorámica da que se goza desde o amplo espazo desta cúpula e, ao mesmo tempo, lles brindasen aos visitantes a información necesaria para interpretar por si mesmos a paisaxe. Para iso instalamos diferentes módulos retroiluminados e paneis.
Unha exposición para que os máis novos comprendan a importancia de xestionar axeitadamente os nosos bosques.
Esta exposición é unha encarga de TRAGSATEC para a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. O seu obxecto é dispoñer dun material acerca da xestión sustentable das masas forestais galegas, destinado aos centros educativos de Galicia. Elaboramos os contidos e a mascota da mostra, e deseñamos diferentes paneis sobre soporte de lona, así como un completo kit educativo con abundante material para ser utilizado na aula.
Unha exposición para descubrir a sorprendente diversidade da nosa natureza.
A Deputación da Coruña encargounos o deseño e a realización desta mostra itinerante sobre a natureza galega. O seu obxecto era dispoñer dun material fisicamente versátil, que puidese ser instalado en todo tipo de espazos interiores. Para tal fin, creamos un conxunto de paneis en lona, con abundante información acerca da flora e a fauna máis características das diferentes paisaxes de Galicia. A mostra completábase con varios módulos interactivos.
Urxe protexer áreas de mar para conservar os seus recursos naturais e pesqueiros: esta é a clave dunha exposición que navega por toda Galicia.
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, Caixa Catalunya e a cadea de supermercados Haley, encomendounos a realización dunha completa exposición destinada a divulgar nas poboacións litorais de Galicia a importancia das reservas mariñas para a conservación dos recursos e a biodiversidade do mar. O Grupo de Recursos Mariños e Pesqueiras da Universidade da Coruña asesorounos nos contidos, que se desenvolveron nun conxunto de paneis, módulos interactivos, audiovisuais e xogos de ordenador. A mostra inaugurouse a bordo dun galeón que durante 2007 percorreu a costa galega.
A Cúpula Atlántica é o novo grande miradoiro panorámico de A Coruña. Terranova S.L. colaborou na súa dotación coa creación de varios materiais interactivos con información sobre a historia, a sociedade e o medio ambiente desta cidade.
O 27 de decembro de 2010 o Alcalde de A Coruña inaugurou este espazo, que combina as súas extraordinarias vistas de 360º cunha abundante información multimedia e interactiva. Máis información no diario La Voz de Galicia
Exposición “Fauna alada de Galicia”
Realizada para a Obra Social de Caixa Galicia, con esta exposición promóvese o coñecemento e interese pola fauna silvestre galega a través dun percorrido por 30 fotografías.
As aves, insectos e morcegos que habitan na nosa Comunidade son os protagonistas desta mostra itinerante, que inclúe varios paneis sobre a súa bioloxía e conservación.
Ademais, a exposición complétase coa realización de visitas guiadas e obradoiros para os máis pequenos, co obxectivo principal de facelos reflexionar sobre a necesidade de coñecer e preservar tanto os animais silvestres do noso ámbito coma os medios naturais onde habitan.
Podes saber onde está actualmente esta exposición, o descargar as súas fichas didácticas, na páxina web da Obra Social de Caixa Galicia:
http://www.obrasocialcaixagalicia.org/portal/site/ObraSocial/menuitem.58f16aec6c390282aaf857d1b05101ca/?vgnextoid=c023cb6a21f61110VgnVCM1000000b1510acRCRD&;vgnextfmt=extra&pos=5
Nesta edición dixital do diario La Voz de Galicia podes ademais atopar unha ampla información sobre esta mostra:
http://www.lavozdegalicia.com/agenda/2009/03/31/00031238513995659978859.htm
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.