Por un transporte sustentable.
A Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A. confiounos en 2007 a conversión dun autobús urbano e un tranvía en centros de información acerca das vantaxes do transporte público. Ambos os dous vehículos foron cubertos de grandes adhesivos con abundante información ao respecto. Esta campaña, que se enmarca na Semana da Mobilidade promovida pola Unión Europea, realizouse en colaboración co Concello da Coruña, e incluíu a realización de numerosas actividades en centros escolares e centros cívicos.
Para aprender a consumir mellor.
A empresa de márketing e publicidade Ketchum 6 puxo nas nosas mans as campañas galegas de reciclaxe de vidro e embalaxes promovidas polas entidades ECOVIDRIO e ECOEMBES. Fomos os encargados, durante varios meses, de atender as visitas de grupos organizados a un autobús ecolóxico dotado de toda a información necesaria para aprender a reciclar estes materiais, ou de informar os cidadáns e cidadás nas principais rúas comerciais de Galicia.
Como plantar todo un bosque en poucas horas.
A Obra Social de Caixa Galicia encargounos en 2008 a coordinación integral de dúas plantacións de carballos celebradas en Ribeira (A Coruña) e Vigo (Pontevedra). Os principais protagonistas foron os miles de escolares que previamente participaran no programa educativo “Operación Carballo”.
A grande festa do medio ambiente na Coruña.
O Concello da Coruña encargounos durante varios anos consecutivos a celebración do Día do Medio Ambiente. O acto central ten lugar na praza de María Pita, fronte ao edificio do concello. Alí teñen lugar diferentes actividades educativas destinadas a grupos escolares, cos que o alcalde da cidade comparte unha xornada destinada a reflexionar sobre a responsabilidade de cada un de nós na construción dun mundo máis limpo. Encargámonos da organización, creación de materiais de apoio e realización das actividades.
O Concello de A Coruña encargounos a organización da Semana da Mobilidade. O Concello de A Coruña encargounos a organización da Semana da Mobilidade. Entre os días 18 e 22 de setembro mantivemos aberta ao pé do céntrico Obelisco unha carpa informativa con abundante información destinada ao fomento do transporte sostible na cidade.
Numerosos veciños visitaron este espazo, interesándose, por exemplo, polos novos autobuses da flota de Tranvías de La Coruña, S.A., caracterizados polo seu doado acceso para persoas con mobilidade limitada, os diferentes vehículos híbridos e eléctricos, ou o plan de aluguer de bicicletas "BiciCoruña".
Organizamos diferentes xornadas informativas como parte das accións de participación pública para a elaboración do Plan Hidrolóxico desta cunca, no marco da Directiva Marco da Auga e por encarga da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil.
Estas xornadas, teñen por obxecto fomentar a participación activa na redacción deste Plan dos diferentes axentes sociais de cada bisbarra integrada nesta cunca. Tamén aspiran a recoller as distintas sensibilidades existentes respecto ao uso e xestión da auga en cada unha delas.
O pasado 24 de outubro organizamos para o Concello de Narón a celebración da "Feira da Mel e produtos ecolóxicos", na que participaron máis de 30 produtores de toda Galicia, e que contou coa presenza de preto de 2.000 visitantes.
Foi unha extraordinaria ocasión para coñecer de primeira man as iniciativas de produción ecolóxica que cada vez proliferan máis en Galicia, así como para degustar os seus produtos.
A feira, que terá de novo lugar o próximo ano por estas datas, incluíu unhas xornadas técnicas, un xantar ecolóxico para máis de 150 comensais en Aldea Nova e a repartición de varios premios.
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.