Elaboramos e deseñamos diferentes materiais de apoio para a comunicación ambiental dunha das empresas españolas con maior presenza internacional.
A sustentabilidade ambiental é un dos alicerces fundamentais da ambiciosa política de responsabilidade social corporativa de INDITEX. Como apoio ás diferentes accións do seu plan estratéxico ambiental, desenvolvemos materiais para a súa comunicación ambiental interna –destinada á formación dos seus empregados e empregadas– e externa; entre outros, multimedia e material gráfico.
Colección de pósters e adhesivos sobre a flora e a fauna ameazadas de Galicia
A Dirección Xeral de Conservación da Xunta de Galicia encargounos unha campaña de difusión destinada a dar a coñecer algunhas das especies de flora e fauna máis ameazadas de Galicia. Realizáronse 20 carteis de gran formato e outros tantos adhesivos. Para as especies de flora contamos coa colaboración do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.
Os carteis, de 59,4 x 42 cm, inclúen unha ilustración en gran formato e extraordinaria calidade da especie tratada, así como un texto de presentación e outro sobre as súas ameazas e os esforzos da Xunta de Galicia para asegurar a súa conservación. Completan esta información varios detalles sobre a súa ecoloxía ou distribución.
Aquí podes coñecer algúns dos carteis desta campaña.
Este é o lema da campaña que preparamos para a área de mobilidade do Concello de A Coruña, destinada a promover o uso do transporte público e fomentar un comportamento cívico no uso dos vehículos. Colocáronse adhesivos no interior dos vehículos e carteis nas marquesiñas das paradas, con recomendacións que os propios usuarios realizaron para mellorar a convivencia e o uso respectuoso do transporte urbano.
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.