A orixe artificial do que se converteu no mellor fogar para moitas aves acuáticas salvaxes.
O Concello da Coruña confiounos en 2002 a redacción do proxecto técnico para a creación dun estanque naturalizado no parque de Eirís. O seu fin era converter un amplo espazo de 1.420 m2 nunha lagoa capaz de atraer abundante fauna silvestre, co fin de brindarlle á cidadanía un novo ámbito para gozar da biodiversidade. Un ano despois o estanque era xa unha realidade, e encargábasenos a súa xestión e mantemento. No inverno chega a albergar máis de 100 patos salvaxes. Son centos os veciños de todas as idades que cada día se achegan ata a lagoa para observar tanto os patos como as garzas e as outras aves que converteron este lugar no seu fogar. En paralelo, o espazo aprovéitase como escenario para realizar algunhas das actividades do programa de educación ambiental do Concello da Coruña.
Un ámbito para gozar das aves nun ámbito urbano que precisaba de espazos verdes.
O parque de San Diego é un dos máis recentes da cidade da Coruña. Esténdese entre o denso barrio dos Castros e as instalacións industriais do porto da Coruña. O ano 2000 o Concello desta cidade e a empresa Dragados y Construcciones, S.A. encárgannos o proxecto técnico para crear aquí unha paxareira de grandes dimensións destinada a albergar diferentes especies de aves. En 2001 remata a obra, e encárgasenos a súa xestión e mantemento. Desde entón este recanto é un dos máis visitados polos veciños do contorno, sobre todo as familias con nenos.
A Área de Infraestruturas do Concello de A Coruña encargounos a instalación de 150 caixas-niño en oito parques e xardíns da cidade.
Ferreiriños negros, azuis e reais son as aves que con maior probabilidade farán uso destas caixas-niño. Protexidas pola lei, estas tres especies son moi frecuentes no ámbito desta cidade, pero non tanto nas zonas axardinadas, onde carecen de ocos naturais nos que instalar o seu niño. Os niños están deseñados de tal forma que, debido á estreiteza dos orificios de entrada, non poidan ser utilizados por estorniños ou pombas. Cada unha destas caixas serán controladas periodicamente por un equipo de biólogos co fin de coñecer cantas delas cumpriron a súa función, é dicir, foron utilizadas polas aves. Unha vez rematada a tempada de cría, serán limpadas co fin de deixalas en perfecto estado para a seguinte tempada.
O estudo dun dos espectáculos da natureza máis impresionantes de Galicia: a migración das aves mariñas.
A Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia encárganos a realización de censos decenais do paso de aves mariñas fronte ao cabo de Estaca de Bares (Mañón, A Coruña), un dos máis importantes do Atlántico oriental para estudar as migracións destes animais. Este labor complétase cun intenso traballo voluntario. Ao longo de 2008 contamos aquí máis de 280.000 exemplares de decenas de especies. As cifras obtidas para algunhas delas equivalen a unha porcentaxe moi elevada da súa poboación global, o que dá idea da importancia ornitolóxica da plataforma continental galega como corredor migratorio ornitolóxico.
Neste enlace pódeste descargar os primeiros boletíns da Estación Ornitolóxica de Estaca de Bares, editados pola Xunta de Galicia e Terranova Interpretación y Gestión Ambiental S.L.

A natureza regresa a unha antiga explotación de barro destinada á produción de ladrillos e cerámica.
O edificio que alberga o Museo Etnográfico y el Aula de Naturaleza de las brañas de Valga enmárcase nun ámbito natural protagonizado por unha ampla lagoa. Por encarga do Concello de Mesía, acondicionamos este ámbito con pasamáns, áreas de descanso, pasarelas e un firme axeitado para o paseo. A lagoa e o museo ocupan unha superficie total de aproximadamente 18.100 m2. Deles, 4.060 m2 corresponden a zona de beira, onde o traballo consistiu en suavizar as pendentes e plantar vexetación acuática autóctona, co fin de brindarlles un fogar a diferentes especies silvestres de fauna. Anfibios, parrulos, garzas ou mergullóns convertéronse de inmediato nos “okupas” deste lugar, para desfrute dos seus visitantes.
Colaboramos no primeiro inventario de Áreas Importantes para as Aves en España, de SEO/BirdLife, cofinanciado pola UE e o Ministerio de Medio, Rural e Mariño.
A Sociedade Española de Ornitoloxía SEO/BirdLife presentou a finais de 2009 o "Inventario de Áreas Importantes para as aves en España", froito dun proxecto LIFE da UE cofinanciado polo Ministerio de Medio, Rural e Mariño. Terranova Interpretación e Xestión Ambiental S.L. colaborou achegando informes e diversos datos, que contribuíron a identificar a importancia ornitolóxica de diversos tramos da plataforma continental galega.
O inventario, un documento de 380 páxinas, pode descargarse neste enlace:
Terranova interpretacion y gestión ambiental, sl foi auditada e e conforme con respecto ás normas: UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 para as actividades de: “CONSULTORÍA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL”.
Realizadas nas instalacións de: Alvaro Cunqueiro nº2 entresolo 15.008 A Coruña.
Data de certificación inicial: 30/06/2011.
Sempre que se manteñan as condicións de certificación este será válido ata: 29/06/2014.
Número de certificado: CA-1.089, MA-1.062.