InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Exposicións Cúpula-Miradoiro do Monte de San Pedro
Cúpula-Miradoiro do Monte de San Pedro

Cúpula-Miradoiro do Monte de San Pedro

Claves para interpretar unha das paisaxes máis sobresaíntes do norte de Galicia.

O Concello da Coruña confiounos en 2007 unha exposición temporal destinada á inauguración da cúpula-miradoiro do Monte de San Pedro, desde onde se contempla unha das vistas máis espectaculares da cidade e do golfo Ártabro. Debiamos deseñar uns contidos e módulos que non interferisen coa panorámica da que se goza desde o amplo espazo desta cúpula e, ao mesmo tempo, lles brindasen aos visitantes a información necesaria para interpretar por si mesmos a paisaxe. Para iso instalamos diferentes módulos retroiluminados e paneis.