InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Exposicións O valor da árbore, o valor do bosque
O valor da árbore, o valor do bosque

O valor da árbore, o valor do bosque

Unha exposición para que os máis novos comprendan a importancia de xestionar axeitadamente os nosos bosques.

Esta exposición é unha encarga de TRAGSATEC para a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. O seu obxecto é dispoñer dun material acerca da xestión sustentable das masas forestais galegas, destinado aos centros educativos de Galicia. Elaboramos os contidos e a mascota da mostra, e deseñamos diferentes paneis sobre soporte de lona, así como un completo kit educativo con abundante material para ser utilizado na aula.