|
exposicion-fauna-alada-galicia |
|

Exposición “Fauna alada de Galicia”
Realizada para a Obra Social de Caixa Galicia, con esta exposición promóvese o coñecemento e interese pola fauna silvestre galega a través dun percorrido por 30 fotografías.
As aves, insectos e morcegos que habitan na nosa Comunidade son os protagonistas desta mostra itinerante, que inclúe varios paneis sobre a súa bioloxía e conservación. Ademais, a exposición complétase coa realización de visitas guiadas e obradoiros para os máis pequenos, co obxectivo principal de facelos reflexionar sobre a necesidade de coñecer e preservar tanto os animais silvestres do noso ámbito coma os medios naturais onde habitan.
Podes saber onde está actualmente esta exposición, o descargar as súas fichas didácticas, na páxina web da Obra Social de Caixa Galicia:
http://www.obrasocialcaixagalicia.org/portal/site/ObraSocial/menuitem.58f16aec6c390282aaf857d1b05101ca/?vgnextoid=c023cb6a21f61110VgnVCM1000000b1510acRCRD&vgnextfmt=extra&pos=5
Nesta edición dixital do diario La Voz de Galicia podes ademais atopar unha ampla información sobre esta mostra:
http://www.lavozdegalicia.com/agenda/2009/03/31/00031238513995659978859.htm
|