InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Educación ambiental Visitas guiadas á planta de residuos de SOGAMA en Cerceda - SOGAMA, S.A.
Visitas guiadas á planta de residuos de SOGAMA en Cerceda - SOGAMA, S.A.

Visitas guiadas á planta de residuos de SOGAMA en Cerceda - SOGAMA, S.A.

Guiamos as visitas ao destino final dos residuos de Galicia para concienciar os cidadáns e cidadás do seu papel á hora de reducir, reutilizar e reciclar.

Desde 2007 somos responsables da organización e desenvolvemento das visitas de grupos organizados ás instalacións de xestión de residuos da Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA) en Cerceda (A Coruña).

Durante este tempo coordinamos as visitas de máis de 6.500 participantes de moi diferente composición, desde escolares a amas de casa, e desde universitarios a técnicos municipais ou empresas do sector. Froito deste programa é un crecente compromiso da cidadanía galega na separación dos seus residuos desde o fogar.

Podes saber máis sobre estas visitas neste enlace, onde atoparás ademais informes e avaliacións mensuais das visitas.