InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Educación ambiental Programa de Educación Ambiental do Concello da Coruña
Programa de Educación Ambiental do Concello da Coruña

Programa de Educación Ambiental - Concello da Coruña

Miles de escolares coruñeses aprenden cos nosos educadores a ser ambientalmente responsables.

Cada curso escolar, e desde o ano 2002, desenvolvemos para o Concello da Coruña os sete bloques do seu Programa de Educación Ambiental:

 

  • Axenda 21 Escolar
  • O aire que nos rodea
  • A ruta da auga na nosa cidade
  • Os residuos sólidos urbanos na Coruña
  • Visitas guiadas á Planta de Residuos Urbanos de Nostián
  • A enerxía que move a túa cidade
  • Vexo, vexo

O programa consiste na organización de visitas guiadas de grupos organizados de alumnos/as a diferentes instalacións e espazos verdes municipais, obradoiros realizados nos centros educativos e edición de materiais de apoio para o alumnado e profesorado. Desde a súa posta en marcha participaron máis de 30.000 escolares desta cidade.

Podes descargar os materiais de apoio neste enlace.