InicioVersión en castellanoPortadas anterioresQue facemos?RSCContacto
Inicio Educación ambiental Talleres de Educación Ambiental no Xardín Arboretum Caixa Galicia
Talleres de Educación Ambiental no Xardín Arboretum Caixa Galicia

Actividades Fundacion Sales
Obradoiros de Educación Ambiental no Xardín Arboretum Caixa Galicia

Moi próximo á plaia de Samil, o XARDÍN ARBORETUM CAIXA GALICIA é unha das coleccións botánicas máis interesantes de Galicia, froito da labor do paisaxista Francisco de Sales Covelo. Conta con cerca de 6.000 m2 de xardín, viveiros e arboreto. Durante o curso 2008-2009 desenvolvemos alí, para a Obra Social de Caixa Galicia, un amplo programa de actividades de educación ambiental que ten como protagonistas o paisaxismo, a botánica e a xardinería.


Os principais obxectivos do programa céntranse en destacar a importancia dos xardíns urbanos como reservas de biodiversidade, e ao mesmo tempo promover o coñecemento das labores de xardinería, conservación de especies e mellora do medio que se realizan desde a Fundación Sales. As actividades, realizadas no propio xardín, están destinadas a grupos organizados de todas as idades: grupos de escolares, asociacións, etc.

Podes encontrar máis información sobre esta actividade, e descargar o manual do alumno, na páxina web da Obra Social de Caixa Galicia:

http://www.obrasocialcaixagalicia.org/portal/site/ObraSocial/menuitem.58f16aec6c390282aaf857d1b05101ca/?vgnextoid=c023cb6a21f61110VgnVCM1000000b1510acRCRD&vgnextfmt=extra&pos=6