|
O noso equipo de Educación Ambiental planifica e desenvolve programas de educación ambiental dirixidos a todos os niveis educativos, que inclúen o deseño de materiais de apoio destinados ao alumnado e persoal docente. O seu obxecto é que os máis novos adquiran conciencia do seu medio a través dunha análise crítica e dispoñan das capacidades necesarias para actuar, individual e colectivamente, na resolución dos problemas ambientais presentes e futuros. Desde 1999 abordamos moi diferentes proxectos enmarcados nas máis diversas áreas de interese ambiental. Estes son algúns dos máis representativos:
|
|
Talleres de consumo responsable para a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia |
|
A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia encargounos a realización de diferentes talleres sobre consumo responsable, destinados a mulleres do ámbito rural de Galicia.
|
|
Ler máis...
|
|
Talleres de Educación Ambiental no Xardín Arboretum Caixa Galicia |
|
 Obradoiros de Educación Ambiental no Xardín Arboretum Caixa Galicia
Moi próximo á plaia de Samil, o XARDÍN ARBORETUM CAIXA GALICIA é unha das coleccións botánicas máis interesantes de Galicia, froito da labor do paisaxista Francisco de Sales Covelo. Conta con cerca de 6.000 m2 de xardín, viveiros e arboreto. Durante o curso 2008-2009 desenvolvemos alí, para a Obra Social de Caixa Galicia, un amplo programa de actividades de educación ambiental que ten como protagonistas o paisaxismo, a botánica e a xardinería. |
|
Ler máis...
|
|
Programa de Educación Ambiental do Concello da Coruña |
|

Miles de escolares coruñeses aprenden cos nosos educadores a ser ambientalmente responsables. |
|
Ler máis...
|
|
Visitas guiadas á planta de residuos de SOGAMA en Cerceda - SOGAMA, S.A. |
|

Guiamos as visitas ao destino final dos residuos de Galicia para concienciar os cidadáns e cidadás do seu papel á hora de reducir, reutilizar e reciclar. |
|
Ler máis...
|
|
Operación Carballo e Operación Castiñeiro – Obra Social de Caixa Galicia |
|

Un completo programa de reforestación e fomento do coñecemento dos nosos bosques autóctonos. |
|
Ler máis...
|
|
Programa "A túa enerxía é a de todos" - ALCOA |
|

Cando aforrar enerxía é tan doado como un xogo. |
|
Ler máis...
|
|
|
|