|
Apoio á comunicación ambiental de INDITEX |
|

Elaboramos e deseñamos diferentes materiais de apoio para a comunicación ambiental dunha das empresas españolas con maior presenza internacional.
A sustentabilidade ambiental é un dos alicerces fundamentais da ambiciosa política de responsabilidade social corporativa de INDITEX. Como apoio ás diferentes accións do seu plan estratéxico ambiental, desenvolvemos materiais para a súa comunicación ambiental interna –destinada á formación dos seus empregados e empregadas– e externa; entre outros, multimedia e material gráfico. |