|
Colección de pósters e adhesivos sobre a flora e a fauna ameazadas de Galicia |
|
 Colección de pósters e adhesivos sobre a flora e a fauna ameazadas de Galicia
A Dirección Xeral de Conservación da Xunta de Galicia encargounos unha campaña de difusión destinada a dar a coñecer algunhas das especies de flora e fauna máis ameazadas de Galicia. Realizáronse 20 carteis de gran formato e outros tantos adhesivos. Para as especies de flora contamos coa colaboración do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.
Os carteis, de 59,4 x 42 cm, inclúen unha ilustración en gran formato e extraordinaria calidade da especie tratada, así como un texto de presentación e outro sobre as súas ameazas e os esforzos da Xunta de Galicia para asegurar a súa conservación. Completan esta información varios detalles sobre a súa ecoloxía ou distribución.
Aquí podes coñecer algúns dos carteis desta campaña.
|